Oferta investigadora - Grupo de Investigación GIACE

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:


RECURSOS DE EQUIPAMENTO:
Os propios do Departamento de Filosofía e Métodos de Investigación correspondentes ás persoas integrantes do Grupo. Isto é:
Principais infraestructuras:
- Os despachos de cada persoa integrante do Grupo.
- A Sala de Xuntas do Departamento.
- O laboratorio do Departamento.
Principais recursos e equipamento:
- Nos despachos de cada persoa integrante do Grupo cóntase con ordenador e conexión a Internet, teléfono, impresoras, escáner e mobiliario necesario. Así mesmo o despacho da persoa coordinadora tamén dispón de material audiovisual (pantalla de proxección e proxector) que se pode empregar para pequenas reunións (en torno a 6 persoas).
- A Sala de Xuntas do Departamento é unha aula con mesa de reunións, cunha capacidade para 16 persoas, equipada con material audiovisual (pantalla de proxección, proxector, ordenador, TV e equipo de audio).
- Dispoñemos dos recursos  bibliográficos propios da Biblioteca da Facultade de Ciencias de Educación.
- No laboratorio disponse de 11 postos de traballos equipados con ordenador e pantalla de proxección e canón.
- Disponse da licenza do programa estatístico SPSS en todos os ordenadores da persoas integrantes do Grupo e no Laboratorio do Departamento.
 
CAPACIDADES:

- Capacidades formativas evidenciadas específicamente polio número de teses de doutoramento dirixidas tanto de forma nacional como internacionalmente.
- Capacidade de asesoramento a organizacións públicas no ámbito da Orientación Profesional, Formación e Orientación Laboral, Atención á Diversidade, Calidade, Sistemas de Xestión de Calidade, Sistemas de Garantía Interna de Calidade en Universidades,… e en ámbitos laborais específicos (Asociacións, Equipos Psicopedagóxicos, empresas de Recursos Humáns, consultorías e asesorías, centros educativos de primaria e secundaria, PEMES,…)
- Capacidade de participación en Grupos de Investigación Multidisciplinares dado que o ámbito da propia Área nos permite dar apoio a outros grupos.

RESULTADOS TRANSFERIBLES:
- Colaboracións con empresas de consultoría (Soluziona, Valora Consultores de Gestión) en elaboración de Cartas de Servizos e Sistemas de Garantía  Interna de Calidade en universidades.
- Avaliación de pequenas e medianas empresas como licenciatario do Modelo EFQM de Excelencia do Club Excelencia en Gestión.
- Certificación de universidades baixo o selo EFQM como avaliador de diferentes Axencias de Calidade do Sistema Universitario (ANECA, AGAE, ACSUG, AQU, ACECAU).


 
contador de visitas
Regreso al contenido | Regreso al menu principal