Grupo de Investigación GIACE

Buscar
Vaya al Contenido

Menu Principal:

DATOS DO GRUPO


NOME:   Grupo de Investigación en Avaliación e Calidade Educativa
ACRÓNIMO: GIACE

ADSCRICIÓN:  114. Filosofía e métodos de investigación en educación
CENTRO:  652. Facultade de ciencias da educación

CONTACTO
Dirección Postal:   Campus de Elviña, s/n, CP 15071, A Coruña
Teléfono: 981167000 * Ext.: 1799 * Fax: 981167153


COORDINADOR
Apelidos e Nome: Muñoz Cantero, Jesús Miguel
Departamento: Filosofía e Métodos de Investigación en Educación
Correo: jesus.miguel.munoz@udc.es



GIACE, provén do italiano giacere, e o traducimos por unirse. De feito con este Grupo de Investigación non só se unen varias persoas da Área MIDE senón tamén colaboradores externos nunha causa común.
- O noso grupo de investigación é resultado da libre e voluntaria agrupación de persoas investigadoras  con capacidade plena para o desenvolvemento da actividade investigadora e outro persoal da UDC (doutor pola UDC) que colaborará cun obxectivo científico común, o de facilitar a difusión da investigación no contorno empresarial e socio-cultural. Neste sentido hase de ter en conta que:
- Centrarémonos nunha temática común: a educación. Por iso, contaremos con obxectivos educativos específicos similares e/ou complementarios.
- Ao pertencer todas as persoas integrantes do Grupo (tanto o persoal da UDC como as persoas colaboradoras) á Area MIDE (Métodos de Investigación en Educación), partiremos dun amplo coñecemento no tocante aos diferentes métodos de investigación educativa e por iso empregaremos técnicas similares nas diferentes investigacións que poñamos en marcha.
- Así mesmo, ao depender todas as persoas do Departamento de Filosofía e Métodos de Investigación da Facultade de Ciencias da Educación, aproveitaremos unha infraestrutura común, coa que contamos actualmente.
- Todas as persoas integrantes do Grupo estiveron ou están a formar parte de proxectos de investigación conxuntos (Convocatorias da Xunta de Galicia, Proxectos Europeos, Convocatorias de Estudos e Análises, etc.) e regularmente existen publicacións en conxunto entre as diferentes persoas participantes.
Ademais, contamos cunha persoa coordinadora, PDI, cunha antigüidade de 25 anos de doutor na UDC, 20 desde a súa titularidade, e que ten recoñecidos catro quinquenios de actividade docente e dous sexenios de actividade investigadora, que, ademais da coordinación do Grupo, exercerá como responsable e representante do equipo investigador, comunicará a información correspondente ao resto de membros do grupo e actuará de interlocutor coa Vicerreitoría de Investigación.
Finalmente, cremos que é de recoñecer que varias persoas doutoras pola UDC, docentes e investigadoras doutoras doutras institucións como universidades iberoamericanas, centros educativos ou axencias autonómicas, actúen como persoas colaboradoras externas, que nos poden conectar mellor co contorno externo á UDC.
 
contador de visitas
Regreso al contenido | Regreso al menu principal